Vistas de página en total

27 de noviembre de 2008

Levei a voz do mar

Gracias Manuel

Levei a voz do mar,
enmudeceu nas caracolas.
Non respectei, non souben, ninguén me dixo
que era túa.

Perdóame.
Deixei sen cores
o teu atardecer interior.
E cheguei ata o amencer
ó bordo do sono
de puntiñas
sen pararme a vivir.

Non vin a túa esencia sinxela.
Non quixen perder o tempo
e embeber os días de sal,
para non atoar os meus impulsos
que tan grande che viñan.

Perdóame.
Agora só amas dende fotos
que gardo no fondo
dos meus erros,
para non redescubrir
que silenciei ó mar...
e xa non son capaz de sentir as olas.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Hola Charo te he mandado varios e-mail. Creo que no funciona bien.